Ir o contido principal
Radio libre e aberta desde Mugardos

Esta Declaración de privacidade está relacionada co sitio web Radio Komuna(www.radiokomuna.org) e abrangue a recolección de datos e o seu uso, tanto de este sitio web como de tódolos subdominios derivados. Ao utilizar o sitio aceptas as prácticas empregadas con relación aos datos que se describen nesta declaración. 

Recolección de información persoal 

Recolectamos información de identificación persoal, que inclúe enderezo de correo electrónico (e-mail) e nome. Inclúese información acerca do teu ordenador persoal, que se recolle automaticamente. Esta información pode incluír: enderezo IP, tempos de acceso e páxinas visitadas no sitio. 

Uso de información persoal

Empregamos a información persoal para mellorar o sitio web e os servizos que proporciona. En ningún caso lle cederemos a información persoal a terceiras partes. A información de identificación persoal pode usarse, nalgún caso, para informar acerca de eventos ou de obxectos dispoñibles no sitio. Se non desexas recibir esa información contesta calquera correo que che chegue dende o sitio engadindo “NON CONTACTAR” en maiúsculas no campo do asunto Se non desexas que os datos figuren na nosa BD inclúe CANCELAR no asunto. 

Uso de “cookies” 

O sitio web www.radiokomuna.org emprega "cookies" para almacenar as túas preferencias axudándoche a personalizar a túa experiencia en liña. Unha cookie é un arquivo de texto que o grava no disco duro un servidor de páxinas web. As cookies son asignadas polo servidor en relación un-a-un, e poden ser lidas unicamente por un servidor membro do dominio que emitiu a cookie para ti. Unha das principais vantaxes das cookies é que aforran tempo. O propósito dunha cookie é informarlle ao servidor web que retornaches a unha páxina específica. Isto simplifica o proceso de rexistrar información persoal. Existe a posibilidade de aceptar ou rexeitar cookies. Se escolles que o explorador rexeite cookies, é probable que non poidas aproveitar na súa totalidade as características dos servizos ofrecidos en www.radiokomuna.org. 

Seguridade de información persoal 

Aseguramos a túa información persoal fronte ao acceso, uso ou divulgación non autorizados. Mantemos a información de identificación persoal que nos facilitaches, en servidores localizados nun ambiente controlado e seguro, protexidos do acceso, uso ou divulgación non autorizados. Información de contacto Calquera comentario relativo a esta Declaración de privacidade será benvido. Por favor, contactade con komunaradio [@]gmail.com .