Ir o contido principal
Radio libre e aberta desde Mugardos

De acordo co disposto no artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSI), poñemos no seu coñecemento que a páxina web co enderezo URL www.radiokomuna.org (en adiante sitio web) é operada pola ASOCIACIÓN COMUNIDADE O ZULO  con C.I.F. G-70252051, con domicilio social na rúa Castelao 5-7 , 2º Esquerda, 15620 - Mugardos - A Coruña. 

O acceso e uso do sitio web polo/a usuario/a supón que acepta na súa totalidade e se obriga a cumprir os termos e condicións recollidos no presente aviso legal. Polo tanto, debe lerse atentamente o presente aviso legal en cada unha das ocasións en que se vaia utilizar o sitio web, xa que este e as súas condicións de uso poden sufrir modificacións. 

Condicións de uso 

O acceso ao sitio web é gratuíto. O/a usuario/a comprométese a non utilizar o sitio web con fins fraudulentos, así como a non levar a cabo ningunha conduta que poida danar a imaxe, os intereses e os dereitos da Asociación Comunidade O Zulo ou de terceiras persoas. Comprométese, así mesmo, a non realizar ningún acto co obxecto de prexudicar, inutilizar ou sobrecargar o sitio web, ou que impida, de calquera forma, o normal uso e funcionamento deste.

No caso de incumprimento do contido do presente aviso legal, da política de privacidade ou de calquera outro termo ou condición particular recollidos no sitio web, a Asociación Comunidade O Zulo resérvase o dereito a limitar, suspender ou terminar o acceso ao sitio web, adoptando calquera medida técnica que sexa necesaria.

Sitios enlazados

 Co fin de facilitar información adicional, pódense incluír diversas ligazóns que permitan acceder a outras páxinas web (sitios enlazados). Nestes casos, a Asociación Comunidade O Zulo actúa como un prestador de servizos de intermediación, segundo o disposto no artigo 17 da LSSI. De acordo co previsto na citada lexislación, a Asociación Comunidade O Zulo non será responsable dos servizos e contidos facilitados a través dos sitios enlazados, salvo que teña coñecemento efectivo da ilegalidade e non desactivase a ligazón coa debida dilixencia.

En ningún caso a existencia dos sitios enlazados comporta recomendación, promoción, identificación ou conformidade da Asociación Comunidade O Zulo coas manifestacións, contidos ou servizos proporcionados a través dos ditos sitios. En consecuencia, a Asociación Comunidade O Zulo non se fai responsable do contido dos sitios enlazados, nin das súas condicións de uso e as políticas de privacidade, sendo a persoa usuaria a única responsable de comprobalos e aceptalos cada vez que acceda a eles e os use. No suposto de que o/a usuario/a considere que existen nos sitios enlazados contidos ilícitos, nocivos, denigrantes, violentos ou inadecuados, poderá poñelo en coñecemento da Asociación Comunidade O Zulo a través do seguinte enderezo de correo electrónico: komunaradio [@] gmail.com . 

Responsabilidade de Asociación Comunidade O Zulo

 A Asociación Comunidade O Zulo non se responsabiliza dos danos e prexuízos causados ao/á usuario/a como consecuencia de riscos inherentes ao medio empregado, nin dos ocasionados polas vulnerabilidades nos seus sistemas e ferramentas. A Asociación Comunidade O Zulo non garante a total seguridade dos seus sistemas e, aínda que ten adoptadas medidas de seguridade adecuadas, non descarta totalmente a existencia de vulnerabilidades e, en consecuencia, o/a usuario/a debe ser precavido/a na interacción co sitio web.